venres, 20 de setembro de 2013

Guía didáctica de Quebranoces

Hoxe pasámoslles aos profes do Ceip. Conde de Fenosa a guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" para que comecen as actividades preparatorias do Concerto didáctico que imos realizar en novembro. Esperamos que aos profes lles gusten as actividades propostas e os nenos aprendan moito con elas.

As actividades están diferenciadas segundo o nivel educativo que teñan os alumnos, de Infantil ou de Primaria, e as fixemos pensando en que puideran ser traballadas nas clases das diferentes materias que se imparten nos coles. Se queredes máis información sobre a Guía didáctica podedes consultar a páxina do blog que temos adicada a explicala, chamada "Dossier para os coles".

De todas as actividades que os profesores poden escoller para traballar cos alumnos de Infantil, destacamos: o conto da canción chinesa, porque lle temos moito agarimo. Pasámolo moi ben facendo as ilustracións e a letra da canción. Pensamos que, ca axuda do conto, os rapaces a aprenderán moi rápido e, quen sabe, con un pouco de sorte, cando fagamos o espectáculo cantarán a canción mentres a toquemos para eles.



Gústavos a portada do conto?

luns, 16 de setembro de 2013

Quebranoces irá ao Ceip. Conde de Fenosa

O Ceip. Conde de Fenosa da localidade de Ares contactou con nós para que vaiamos facer unha representación do noso Quebranoces na primeira semana de novembro. Aínda non é seguro se faremos unha ou dúas sesións pero, como vos podedes imaxinar, estamos xa moi ilusionadas pensando nos nenos que nos van ver actuar. Cando concretemos a data, publicarémola na páxina de facebook para que coñezades a nosa axenda.


xoves, 12 de setembro de 2013

Nova páxina no blog

Temos unha novidade que vos comunicar. Como podedes ver, o blog ten unha pequena modificación no seu aspecto xa que engadimos unha páxina con xogos e pasatempos variados. Pensamos, que cando os nenos nos visiten, lles gustará ter un espazo onde poder xogar cos contidos do espectáculo de "As aventuras de Quebranoces". Así, na nova páxina, poderán facer encrucillados, sopas de letras, e  quebracabezas, ademais de xogar ao aforcado e divertirse mentras reforzan o aprendido no concerto didáctico.
Esperamos que as actividades lles gusten aos nenos... e a vós tamén!


luns, 9 de setembro de 2013

De volta ao traballo

Ola amigos! Aquí estamos de novo para retomar a actividade do blog despois das vacacións. Pronto reanudaremos os ensaios e as actuacións de "As aventuras de Quebranoces", e vos contaremos as novidades e as datas dos próximos concertos, pero antes gustaríanos mostrar algo do traballo que estivemos a facer nestos meses de verán.

O guión do próximo concerto didáctico "Iván e o lobro gris" xa está rematado. Pensamos que vai resultar moi divertido xa que ten diálogos desternillantes e situacións un tanto absurdas. Non queremos adiantar  moito para manter o misterio, pero se vos decimos que Iván (o noso querido ruso de "As aventuras de Quebranoces") se vai ver metido nunha historia de bruxas, ras encantadas e lobos, non é destripar demasiado o conto.

A bruxa Baba Yaga foi un dos monicreques que estivemos a facer no verán e vos queremos deixar unhas fotos para que vexades como foi o seu proceso de creación. Perecíanos importante que tivera pinta de mala pero que non resultase aterradora para os máis pequenos. A roupa será o que lle dará o toque final, pero podedes opinar e decir se o resultado vai por bo camiño. Que vos parece?

Elexindo pelo, ollos e narices

Dandolle cor

Quedou simpática pero non parece unha bruxa. Faltaba darlle carácter. 

Agora si que é unha bruxa.

E aquí está Baba Yaga!!