sábado, 30 de decembro de 2017

Musicreques no Nadal de Pontedeume

O próximo día 2 de xaneiro Musicreques vai realizar unha función dobre na casa da Cultura de Pontedeume. 

Ás 18:00 representaremos "O Quebranoces" para bebés" e ás 19:00 "Iván e o lobo gris".


Se queredes gozar dunha tarde de música, maxia e contos, non faltedes!



domingo, 17 de decembro de 2017

O Quebranoces visitou Monfero

O pasado 27 de novembro visitamos o Concello de Monfero para representar, dentro do programa "Espazo das familias" (antigo preescolar na casa), o noso espectáculo para bebés "O Quebranoces". 

Fixémolo nas instalacións do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e contamos con numerosos rapaciños, xa que desta actividade, sufragada entre o concello de Monfero e a Deputación da Coruña, participan arredor dunha vintena de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. 

Moitas grazas ao Concello de Monfero por contar con nós para esta actividade de que gozamos un montón.

venres, 3 de novembro de 2017

Nova pestaña de Contacontos

Alégranos comunicarvos que temos nova pestaña no blog. Se pinchades en CONTACONTOS teredes acceso aos nosos espectáculos de narración de contos.

Además dos espectáculos de monicreques, a partir de agora faremos tamén espectáculos de conta-contos, é decir, narración orais acompañadas de música tanto para raparigos de máis de dous anos como para bebés. Todos os contos contan con soporte visual das fermosas ilustracións de Alma Cendán. A narradora é Loreto Pérez, autora tamén dos contos.

Hai contos de animais, de monstros, de ecoloxía, formativos, divertidos, algúns que invitan á refexión, etc,  nunha gran variedade e contados ca axuda das rimas e das cancións.

Se queredes coñecer os nosos contos non faltedes aos nosos espectáculos.



mércores, 1 de novembro de 2017

Musicreques visitou o CEIP da Igrexa

O pasado 20 de outubro o Concello de As Somozas tivo a ben invitarnos a visitar o CEIP da Igrexa para representar o noso espectáculo de Iván e o lobo gris.

Os nenos pasáronno xenial e riron un montón. Aquí vos deixamos a montaxe de fotos que puxeron na súa web.


Para nós tamén un pracer volver a levar as aventuras de Iván aos colexios. Ata a próxima As Somozas!

luns, 31 de xullo de 2017

Musicreques visitou Friol

Hoxe actuamos no Centro Sociocultural de Friol para os rapaciños máis pequenos do Concello. Viñeron acompañados dos seus pais e algún dos seus irmaciños para ver o espectáculo de O Quebranoces.


O público, que estivo moi participativo, axudounos moito dando palmas para que o avión puidese voar, cantando a canción do corpo que nos ensinou o simpático ruso, e facendo o estribillo da canción das cores... Que ben o pasamos!

E despois desta actuación en Friol, comenzamos a vacacións!. Voltaremos en Setembro ao traballo con novos proxectos. Ata pronto!

xoves, 25 de maio de 2017

Musicreques actúa para #unacuraparaadri

O próximo domingo 11 de xuño, ás 18:00, Musicreques actuará no CMUS Xan Viaño de Ferrol nun concerto benéfico a favor de #unacuraparaadri. Representaremos "Iván e o lobo gris" coa fantástica música das Danzas Eslavas de A. Dvorak.



Contamos con vós. Non faltedes!