Ademais dos espectáculos de música e monicreques, Musicreques ofrece tamén, como complemento ás actuacións, unhas Guías Didácticas para a realización de actividades previas e posteriores aos contos de "As aventuras de Quebranoces" e "Iván e o lobo gris", de xeito que se poida potenciar a atención e interese do público durante o espectáculo.
As actividades foron ideadas pola Asociación Musical Musicreques tanto para os alumnos de Infantil como para os de Primaria, e abarcan diversos campos como música e movemento, traballo de coordinación fina, traballo rítmico, educación auditiva, linguaxe (comunicación e representación), memoria, traballo das TIC, etc., para ser desenvolvidas durante as clases de música, educación artística, informática, lingua castelá, lingua galega e coñecemento do medio.

A guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" contén as seguintes actividades:
- Coñece o instrumento que vas a escoitar
- Imos coñecer a Tchaikovsky
- Canta o Quebranoces
- Facemos música de Quebranoces
- Colorea o Quebranoces
- Escoitamos o Quebranoces con musicogramas
- Movémonos coa música do Quebranoces
- Escoitamos e vemos o Quebranoces coas novas tecnoloxías
- Coñece os instrumentos e as súas familias
- Aprendemos a marchar e tamén a bailar un vals
- Coñecemos mellor o noso mundo
- Cantamos música do mundo
- Coñecemos música doutros lugares
- Lemos un conto
- Creamos un conto de Nadal
- Facemos o noso propio conto de xoguetes
- Creamos os nosos monicreques
Ademáis inclúe un montón de Anexos con información de interese, fichas para traballar as familias instrumentáis e incluso un conto para cantar cos nenos a canción chinesa.
A guía didáctica de "Iván e o lobo gris" contén as seguintes actividades:
A guía didáctica de "Iván e o lobo gris" contén as seguintes actividades:
- Coñecemos a Dvórak: biografía, que sabes do país onde naceu?
- A obra de As Danzas Eslavas
- Queres cantar as Danzas?
- Toquemos a frauta doce
- Imos bailar!
- Sabes seguir un musicograma?
- Outras Danzas: o Minue, a Giga, o Vals, a Polka, a Mazurka, a Muiñeira
- Que é o mundo eslavo: os países eslavos, outros compositores, o alfabeto, as lendas.
- Coñecendo o Piano: o instrumento, o seu son, o teclado
- Os monicreques: historia e tipos
- Lemos outros contos eslavos
- Coloreamos personaxes de contos
- Gústache ler?
- Crea o teu propio conto
Ao igual que na guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" esta guía contén un montón de Anexos con información de interese, dende partituras para tocar coa frauta, cancións, musicogramas, un conto para cantar, etc.
Que vos parecen as actividades? Botades de menos algunha?. Animádevos a contestar, volo agradeceríamos moito!!
ResponderEliminar