O Quebranoces para bebés

Cartel do espectáculo:

Descripción: 
Adaptación do espectáculo “As aventuras de Quebranoces” para nenos de menos de 3 anos. 
Os nosos fermosos monicreques e a coñecida música de Tchaikovsky achegarán aos rapaciños a maxia e a beleza do conto clásico de Hoffmann, levándoos a lonxanos lugares onde coñecerán a un simpático ruso, un chinés algo presumido e unha serpe que quere ser unha rá. Con todos esos personaxes, os nenos e nenas poderán aprender a recoñecer e contar as partes do corpo, distinguir as cores ou saber que é arriba ou abaixo... ademais de pasalo fenomenal!

Sinopse: O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Máxicamente esa misma noite o boneco transfórmase nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seu compinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar aos nosos protagonistas levándoos de viaxe polo mundo. Asi, Clara e Quebranoces viaxarán a Rusia, Exipto e China, onde coñecerán a outros personaxes e vivirán moitas aventuras. 






Público: 
Nenos/as de 0 a 3 anos acompañados por un adulto. Recoméndanse sesións de non máis de 40 nenos.
Duración: 
30 minutos.
Requisitos técnicos: 
Espacio escénico de 3 m de ancho, 2 de fondo e 2,10 de alto. Sala con escuridade.


Montaxe/desmontaxe: 

Tempo de montaxe 1h 30 min. / Tempo de desmontaxe 30 min.

Video do espectáculo:



Folleto informativo:






Ningún comentario:

Publicar un comentario